El tiempo
martes. 23.04.2024
El tiempo

ELECCIÓNS 2020

Oficializouse o relevo na presidencia do club

IMG-20200107-WA0003
Esta noite fíxose de forma oficial o relevo na presidencia do club, con Francisco José Doforno Nóvoa como novo máximo mandatario da nave branquiverde substituíndo no cargo a Juan Francisco López Rodríguez "Juanín".

A oficialidade do relevo tivo lugar na Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrou este luns e que daba por finalizado o proceso electoral. Paco Doforno será o Presidente durante os próximos catro anos e en breve dará a coñecer a composición da súa Xunta Directiva e o seu equipo de traballo no ámbito deportivo.

Nesta Asemblea tamén se fixo a proposta para que Juan López "Juanín", cunha traxectoria de corenta anos no club, sexa o Presidente de Honra da entidade pabellonista. Quen sí continuará na súa función de Coordinador ata fin de tempada será José Luis Dibuja.

Oficializouse o relevo na presidencia do club