O Xuvenil da División de Honra viaxa este sábado a Asturias para enfrontarse ó CD Arenal as 17:00 horas, na que será a terceira xornada da Fase de Permanencia.
O Pabellón Ourense CF afronta este sábado dende as 17:00 horas no campo de fútbol El Tramagón de Gijón, unha das tres finais que lle quedan por diante para tentar lograr a permanencia. O equipo asturiano do CD Arenal será o primeiro escollo que terán os ourensáns para lograr a tan ansiada permanencia, premio menor despois da gran primera fase realizada por os raíces de Cándido Gómez.
Tras empezar esta Fase con dous empates consecutivos, CD Tropezón e TSK Roces, ambos partidos con empate a un gol, os branquiverdes teñen unha nova oportunidade de seguir alexándose das posicións de descenso, que neste intre ocupan CD Choco e o propio CD Arenal, ambos con 20 puntos.
Os da capital das Burgas son segundos con 24 puntos, 4 por riba do descenso, e con dous menos ca o Real Oviedo, líder do Grupo I-D, grupo con 10 equipos dos que tan só os 4 primeiros permanecen na categoría raiña do fútbol xuvenil.
O Pabellón chega o partido coa dúbida do dianteiro José, que sufríu un forte golpe na perna no pasado partido diante o Roces que o obrigou a pedir o cambio. O resto do plantel, salvo Aarón, estará dispoñible para viaxar a Asturias este sábado.
Jornada 3
- sábado 24-04-2021
REAL OVIEDO | 17:00 | C.D. CHOCO |
REAL AVILES C.F | 16:30 | C.D. CALASANZ |
C.D. ARENAL | 17:00 | PABELLON OURENSE C.F. |
TSK ROCES | 16:00 | RACING CLUB FERROL |
- domingo 25-05-2021
C.D. TROPEZON | 12:00 | C.D. CONXO SANTIAGO |