Terceira Autonómica Galicia
"Charli " Álvarez será o técnico
Para o 8 de setembro está fixada a data de comezo da competición na 3ª Autonómica Galicia na que figura o equipo Sénior, que volverá ao ámbito competitivo despois de varios anos fóra do mapa deportivo ourensán.
Os responsables do equipo ultiman a confección da plantilla que terá como técnico a Carlos Álvarez "Charli", con varias etapas anteriores na entidade, e que xa manexa unha ampla lista de xogadores que comezarán a adestrar a principios do mes de agosto pendente de establecer a data definitiva.