O equipo mantén a unha boa liña
O Xuvenil "A", que fixo un partido moi serio, segue marcando unha boa liña no inicio ligueiro e nesta ocasión facíase cunha vitoria merecida diante dun Alondras que soamente dispuxo dunha ocasión clara de gol na primeira parte cun lanzamento de falta na que o meta local Sampayo evitou o tanto. Esa foi a única acción de perigo dos visitantes nos noventa minutos.
Nos primeiros corenta e cinco minutos os branquiverdes tiveron oportunidades para chegar ao descanso con vantaxe no marcador, a máis clara un disparo cruzado de Osián que se foi fóra cando xa se cantaba o gol, pero a falta de definición impediu que o marcador se movese.
Na reanudación o decorado non variou e pasado dez minutos Yago Ribao anotaría o primeiro dos locatarios. Os visitantes quixeron peron non puideron ante un cadro local ben colocado e sin fisuras no aspecto defensivo. As cousas puxéronse mellor para os branquiverdes cando Damián, coa testa, conseguía o segundo. Restaban vinte minutos nos que se esperaba un ataque á desesperada do rival, pero o Pabellón non lle deu opción alguna e os puntos quedaron na casa. Ver ficha técnica.
Transcurridas cinco xornada os de Cándido Gómez compartes a segunda praza do grupo co CD Choco, ambos con 13 puntos ocupando as dúas prazas de ascenso detrá do líder RC Celta "B", ao que visitan os nosos o sábado (12 horas) na Madroa. Ver clasificación.