Nova derrota do Xuvenil A
Un encontro complicado no que a choiva foi a gran protagonista.
Partido condicionado polo estado do terreno de xogo, xa que a choiva intensa impedía a circulación de balón e nunca estivemos cómodos. Un despiste na marca dun córner suponía o 1-0. O 2-0 chega despois dunha falta non pitada ó noso favor e despois das protestas o Marina aproveitou o desaxuste defensivo dos nosos para marcar o segundo tanto.
Na segunda parte, coa mellora das condicións climatolóxicas, o Pabellón intentouno pero non puido acercarse no marcador.
Ánimo rapaces.
#SerdoPabeMola