El tiempo
martes. 28.05.2024
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

O Infantil "A" súmase á pretempada

O Infantil "A" do Pabellón Club de Fútbol comezou os adestramentos este mércores no campo Miguel Ángel-Os Remedios cun grupo amplo de xogadores.

Os de Miguel Carballo, que contará con Diego Fernández como axudante e José Manuel Ucha como Delegado, participarán por segunda tempada na novel División de Honra.

A categoría está configurada por dezaseis equipos e a primeira xornada está prevista para a fin de semana do 16 e 17 de setembro. De momento a RFGF non fixo público o calendario da competición.

O Infantil "A" súmase á pretempada