Adestrando dende a tempada 1994-1995

Guillermo García adestrará ao equipo de Liga Galega Xuvenil

Guillermo García será o encargado de adestrar ao equipo Xuvenil “B” de Liga Galega do club na tempada 2020-2021.

Guillermo

Manuel Meiriño como Director Deportivo e Felipe Quintela como representante da directiva do club, fan a presentación de Guillermo García na dirección do noso equipo Xuvenil “B”, que este ano participará na Liga Galega Grupo Sur.

Guillermo García é licenciado en Educación Física e posee o título nivel 3 de fútbol. Leva dende a tempada 1994-95 adestrando de forma ininterrompida: Atl. Montañeros, Puente C.F., Verín C.F., C.D. Lemos, U.D. Barbadás e no noso club dende a tempada 2010-2011. Tamén foi Coordinador da nosa Escola de Iniciación durante cinco anos.

“Creo na formación dos xogadores baixo dúas ideas: a exixencia e a diversión. Gústame que os meus equipos teñan un ritmo alto de xogo e que sexan dinámicos”.