Marcadores de todos os gustos no Fútbol 8
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Partido cómodo para o Pabellón CF nos Remedios (9-0) contra o CD Santa Teresita. Ao descanso os de Antonio Parrilla xa tiñan moito camiño avanzado (5-0). Nico (2), Vivián, Amorín, Dosantos, Hugo, Pablo, Iker e Samuel anotaron os tantos.
O Pabellón Promesas resolveu a súa cita coa EDC Xinzo cun apretado marcador (4-3) nun partidos con varias fases diferentes. Os de Anxo Valcárcel chegaron a ter dous goles de diferenza a favor pero os visitantes remontarían o marcador para marcharse ao descanso con vantaxe (2-3).
No segundo tempo o equipo estivo mellor para acabar dándolle a volta ao partido nun tempo no que crearon moitas ocasións de gol sen dar opción ao rival. Dani (2), Nico e Mario anotaron os tantos.
2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Empate entre a SD Nogueira e Pabellón CF "B" (2-2) no campo de A Tella. Os de Jorge Manuel tiveron máis ocasións que o cadro local, entre elas catro balóns ao travesaño. Os goles chegaron por medio de Mateo e en propia meta.
Partido trepidante nos Remedios entre Pabellón CF "C" e CD Rúa "B" (3-4). Os valdeorreses leváronse a vitoria en dúas accións para a polémica cun gol fantasma despois de pegar o balón no travesaño e posteriormente na raia de meta e un penalti inexistente. Ambos equipos competiron ao máximo. Martín, Martiño e José foron os goleadores.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Correctivo da ED Ourense ao Pabellón CF (6-1) nun partido no que os de Gabriel Prada estiveron por diante co gol de Mauro hasta os primeiros minutos duna segunda parte na que os nosos desapareceron do campo ante o empuxe dos locatarios.
Sufrida vitoria do Pabellón Promesas contra o CD Santa Teresita (2-1). Nunha cita tremendamente igualada, os de Quique Serantes aproveitaron unha falta nos últimos instantes para desfacer a igualada. Santi fixo os dous goles.
2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Moitos goles no partido entre a ED Ourense "C" e Pabellón CF "B" nos Salesianos (4-8) nun choque aberto. Ao descanso os de Manuel Doval mandaban no marcador (2-4) e na segunda rexistrouse o mesmo parcial. Iván (2), Aarón (2), Mario (2), Álex e Xoán anotaron os tantos.
Pola súa parte, o Pabellón Promesas "B" tivo enfrente un rival de alto nivel como o CD Rúa (0-9). Os de José Salgado deron o máximo pero o rival foi superior.
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
Cómodo triunfo do Pabellón Promesas contra o CD Santa Teresita (10-2) nos Remedios. Os de Marcos Cudeiro estiveron moi acertados no remate na primeira parte (6-0) e na segunda as cousas estiveron algo máis niveladas. Gael (2), Breixo (2), Mateo, Darío, Adrián, Daniel, Pablo e Izan repartíronse os tantos. Nesta xornada o Pabellón CF tivo descanso.