El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

Fútbol 8 / Dous equipos á fase final de Mos

Benxamís e Prebenxamís tendrán como rivais a Deportivo e Victoria na fase final galega da próxima fin de semana

Benxamís e Prebenxamís tendrán como rivais a Deportivo e Victoria na fase final galega da próxima fin de semana

A representación dos equipos do club nas fases galegas sur tivo unha xornada de sábado exitosa ao conseguir meter dous equipos, dos tres que participaban, na "final four" que se disputará o próximo fin de semana no campo de As Baloutas en Mos. O día está pendente da decisión da RTVG.

O equipo benxamín accedeu á fase final despois de vencer na final sogada en Zacande (Meis) al Val Miñor (3-1). Os de Manolo Doval apearan na semifinal ao Calasancio (2-0) despois de ocupar a primeira praza do seu grupo con triunfos sobre EDC Xinzo (3-0), Vila de Corpus (3-1) e AJ Lérez (3-2). O Deportivo da Coruña será o seu rival na semifinal de Mos. Os herculinos superaron ao Santiago de Compostela na final do seu grupo (3-1). Un par de días antes o Pabellón proclamarase campión da Copa Deputación en Verín.

Mentres, o conxunto pabellonista prebenxamín clasificouse despois de vencer na final de As Baloutas ao CD La Guía de Vigo (2-1) nun emocionante choque. Ambos conxuntos coincidiran no grupo con vitoria dos olívicos. Os de Antonio Parrilla superaran na semifinal ao Coruxo (2-1). Na fase de grupos, despois de ceder ante o La Guía (3-1), venceron a Atlético Cuntis (3-0) e SD Sagrado Corazón (4-0). O rival dos pabellonistas en Mos será o Victoria CF da Coruña, que na súa zona gañou ao Bertamiráns (1-0) na final.

Finalmente, en alevís o Pabellón tivo que conformarse co terceiro lugar na sede Verín. Na semifinal viuse superado na tanda de penaltis polo Porriño, que acabaría meténdose na fase final, despois de empatar no tempo regulamentario (1-1). Na final de consolación os branquiverdes dobregaban á UD Ourense (3-0). Un par de días antes o Pabellón proclamarase campión da Copa Deputación neste mesmo escenario.

Ver resultados e clasifiacións de todas as categorías e grupos.

Fútbol 8 / Dous equipos á fase final de Mos