Os quipos de Fútbol 11 firmaron unha boa xornada
LIGA GALEGA XUVENIL
O Pabellón "B" sumou un punto en Cotogrande (1-1) na súa visita á UD Santa Mariña. Aos tres minutos os locatarios xa mandaban no marcador nunha fase inicial na que os de Guillermo García tardaron en entrar no partido, consumíndose o primeiro acto con ese marcador.
Sentoulle ben o descanso aos pabellonistas, que sairon moi enchufados na segunda metade e xa aos catro minutos conseguiron empatar por medio de Anxo. A partir dese momento uns e outros buscaron a vitoria e os nosos tiveron un par de ocasións para taerse os tres puntos pero non houbo fortuna na finalización. Despois deste resultado o equipo segue lideranto a táboa con 17 puntos e sen coñecer a derrota.
1ª AUTONÓMICA XUVENIL
Tiña un partido impñortante o Pabellón "C" nos Remedios contra un rival directo como o Antela CF para meterse na zona de Play Off e ao final conseguiu facerse coa vitoria (2-1). Os de Marcial González ofreceron dúas caras moi diferentes. Na primeira media hora de xogo os limiaos levaron a iniciativa adiantándose no marcador aos seis minutos. No último cuarto de hora desta fase o equipo estivo mellor e chegaría o empate por medio de Chema, chegándose ao descanso con táboas.
Na segunda parte os pabellonistas estiveron a un nivel alto superando ao rival e anotando aos sete minutos o gol que certtificaba a remontada por medio de Arturo. Ata o final non houbo máis novidades e a vitoria quedouse na casa.
DIVISIÓN DE HONRA CADETE
Reparto de puntos nos Remedios entre Pabellón e Racing de Ferrol (1-1) nun partido no que non houbo un claro dominador. Sampayo afiantou aos de Abel Afonso ao fio do cuarto de hora e cando mellor estaba o equipo, un zapatazo dende 30 metros facilotou o empate para a escuadra departamental a escasos minutos do descanso. Ainda que no segundo tempo parecía que os locatarios tiveron máis iniciativa, apenas houbo ocasións para pensar na vitoria.
LIGA GALEGA CADETE
Non puido sumar o Pabellón "B" no campo de Condomínguez, onde caía (4-0) a mans da ED Val Miñor "B". Ao descanso os de Nigrán tiñan vantaxe mínima no marcador e dous goles no primeiro cuarto de hora dos locatarios deixaron as cousas moi difíciles para os de José Dopazo, que acabrían encaixando o cuarto a cinco do final.
1ª AUTONÓMICA CADETE
O Pabellón Promesas fíxose cun triunfo de moitísimo valor no campo do CD Barco (0-2). Os valdeorreses levaban un pleno de vitorias e os de Quique Serantes. Un gol de Pedro na primeira parte permitiu que os branquiverdes mandase no marcador nunha fase na que o meta local resultaría expulsado ao derribar a Matías nunha ocasión clara de gol.
Na segunda parte o equipo realizou un excelente traballo en labores defensivas e o gol de Matías no tramo final foi determinante. Despois de sete xornadas o equipo é quinto nun grupo tremendamente igualado con 13 puntos.
LIGA GALEGA INFANTIL
Partido cómodo para o Pabellón no campo da ED Arousa (0-11). Os de Rubén García xa tiñan máis que encarrilada a vitoria no descanso despois de anotar sete tantos na primeira metade. Na segunda chegarían cuatro dianas máis. Ismael (3), Lecompte (2), Manu Cougil (2), Ibai, Adrián Martínez, Álex Prieto e Álvaro foron os goleadores.
1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Foi moi superior o Pabellón "B" ao Ourense CF "B" nos Remedios (12-1) nun partido que ao descanso xa estaba vistro para sentenza. Os de Juan Carballo foron dominadores claros durante os oitenta minutos. Hugo Alcázar (5), Ribao (5), Añel e Gallego anotaron os tantos. O equipo é segundo na táboa sen coñecer a derrota despois de seis xornadas.
Pola súa parte, o Pabellón Promesas tivo que conformarse cun punto (1-1) no Cardenal Quiroga contra o CEDC Maceda. O estado do terreo de xogo pola intensa choiva condicionou o xogo dos de Carlos Amorín, que encaixaron o gol na única acción de perigo do cadro local. No segundo tempo os pabellonistas adaptáronse ás condicións do campo e pasaron a dominar completamente ata que Xabi conseguiu igualar o choque.
Posteriormente chegaron máis oportunidades pero non houbo fortuna no remate. Destacar o esforzo de todo o equipo diante dun rival ao que lle axudou as dificultades que ofrecía un campo moi encharcado. O equipo é terceiro con 13 puntos.