El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

Fútbol 11 / Resumo dunha xornada aciaga

O Xuvenil B, que superou ao Ourense CF nos Remedios, foi o único que sumou os tres puntos

O Xuvenil B, que superou ao Ourense CF nos Remedios, foi o único que sumou os tres puntos

O Pabellón "B" da Liga Galega Xuvenil superou nos Remedios (2-1) a un Ourense CF que lidera a táboa clasificatoria. O certo é que o partido prometíase interesanta con dous equipos que acumulaban moitas xornadas sen perder, os de Oira sumaban catorce xornadas sumando e os branquiverdes oito.

Non houbo goles na primeira metade e traspasado o ecuador da segunda metade chegarían os momentos máis emocionantes. Joel adiantaría ao cadro local e os visitantes empatarían a seis minutos do final. Parecía que a cousa estaba destinada ao reparto de puntos pero un disparo de Iago Varela desvionuo lixeiramente un defensor rival e o balón acabaría dentro da rede para o 2-1 definitivo cando o partido estaba prácticamente rematado. Ao final os tres puntos quedaron na casa.

Reparto de puntos (1-1) nos Remedios entre Pabellón "C" e Ourense CF "B" no Play Off da 1ª Autonómica Xuvenil. Os dous goles anotaríanse na primeira metade con apenas cuatro minutos de diferencia. Deron primeiro os visitantes e Antón devolvería a igualdade ao marcador, sen que se movese máis ata o final.

Cabreo monumental da expedición branquiverde coa labor do colexiado no partido da División de Honra Cadete celebrado en Cotogrande entre Santa Mariña e Pabellón (3-0) pese a que o acta do partido reflicte como marcador final (1-0). Os vigueses, que se xogaban moito no envite, fóronse ao descanso vencendo pola mínima e na segunda metade chegaría dúas novas dianas nunha fase na que os nosos sufrirían a expulsión de Aarón (m.45) e Juan (m.75).

Derrota do Pabellón "B" da Liga Galega Cadete nos Remedios (1-3) contra un Arousa situado en zona de ascenso. Os branquiverdes pagaron moi caro alguns deslices no aspecto defensivo despois de situarse por diante no marcador co gol de Mauro. Os de Vilagarcía non desproveitarían esas deficiencias para darlle a volta ao marcador.

No Torneo Ourense Cadete o Pabellón Promesas tivo que conformarse cun punto (2-2) na visita ó Verín "B", colista do grupo. Os nosos foron sempre a remolque no marcador. Ao descanso os locatarios tiñan vantaxe por medio dun penalti e na segunda metade despois de que Christian empatase os verinenses volvería a "golpear" a oito minutos do final. Por fortuna, un penalti anotado por Christian permitiría aos de Enrique Silva salvar un punto na Granxa.

O Pabellón da Liga Galega Infantil caía nos Remedios (0-3) contra o Celta dentro do Play Off da Liga Galega Infantil, nun intersante partido no que os locatarios deron a cara en todo momento. Puideron adiantarse no marcador pero o balón pegaría no traveseiro, antes de que o cadro celesta marcase dous goles nos dous primeiros disparos á portería do ex-pabellonista Álex Cíd.. Co 0-2 chegaríase ao descanso e na segunda metade os vigueses pecharían o partido co terceiro tanto.

Ao Pabellón Promesas sobráronlle os últimos cinco minutos do partido coa ED Ourense nos Salesianos (3-2) na Fase de Permanencia da Liga Galega Infantil. Os nosos mandaban no descanso (0-2) cos goles anotados por Cougil e Ibai. No segundo tempo o empuxe dos locatarios permitiríalles darlle a volta ao marcador, o terceiro no tempo de desconto.

Dentro do Play Off da 1ª Autonómica Infantil o Pabellón "B" viuse superado no Miraflores (4-0) pola UD Ourense. Os catro goles dos locatarios chegarían na primeira metade.



Fútbol 11 / Resumo dunha xornada aciaga