Liga Nacional Xuvenil

O Xuvenil "A" sorprendeu ao Deportivo "B" (2-3)

O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil despediu a tempada cunha vitoria no Mundo do Fútbol (2-3) contra o RC Deportivo "B" que permite aos nosos acabar na sexta praza.

IMG_20190526_200224_003

O equipo viaxou moi motivado e púxolle moitas gañas á cita. Ao final da primeira metade mandaban no marcador (0-1) grazas a un tanto de Gustavo apenas traspasada a medida hora. Pouco despois do cuarto de hora da segunda parte os herculinos devolvían a igualdade anotando o gol do empate, pero seis minutos máis tarde Fidalgo situaba de novo por diante aos nosos (1-2) ao anotar unha pena máxima.

Cun partido de ida e volta foron os de Cándido Gómez quenes aproveitaron a oportunidade para marcar máis distancias por medio de Abraham a dez do final. No tempo de desconto chegaría o segundo dos locatarios que pecharía o partido. Ver ficha técnica.

A atención da última xornada estaba nos campo de A Gándara (Valadares 2-1 Areosa) e Baltasar Pujales (Bouzas 3-2 Santa Mariña). Finalmente os de Cotogrande non puideron evitar o descenso pese a que lles chegaba o empate en Bouzas, acompañando a Arousa, Orillamar e CD Lérez. O Pabellón CF rematou como sexto clasificado. Ver clasificación.