"Fifty fifty" nas finais das Copas Deputación Base
O pasado catro equipos branquiverdes disputaron as finais das súas categorías nas que dúas formacións conseguiron vencer nas finais e outros dous conxuntos sairon subcampións tras caer contra os respetivos rivais.
2ª Galicia Benxamín (Pabellón B 0-1 EDC Celanova)
O conxunto que adestran Manuel e José Manuel Cachaldora tivo unha mañá na que nada saiu ben e os celanovenses, moi intesos todo o partido, aproveitaron unha contra na primeira metade para anotar o gol que foi determinante.
Os pabellonistas foron campións na competición ligueira da categoría e non puideron conseguir o dobrete. Felicitar a corpo técnico e xogadores pola excelente campaña.
1ª Galicia Benxamín (Pabellón 5-1 CD A Purísima)
O conxunto que adestra Óscar Cabrera levouse o partido diante dun rival que estivo a gran altura e impulsado por unha nutrida hinchada. Ao descanso os branquiverdes xa mandaban no marcador (2-0) e na segunda ampliarían distancias con tres tantos máis. Os goleadores foron de Dani Babarro (3), Teo e Adrián.
A escuadra que adestra Óscar Cabrera conseguira tamén o título ligueira con moitísima solvencia despois de gañar todos os partidos. Parabéns a corpo técnico e xogadores pola espectacular campaña.
1ª Galicia Alevín (Promesas 5-0 CP Calasancio)
Neste partido os de Quique Serantes dominaron de principio a fin e o enfrontamento xa estaba moi encamiñado ao final do primeiro tempo (3-0). Na segunda metade mantívose o dominio dos nosos para anotar dúas dianas máis. Tiago (2), Cadaya, Martínez e Santi anotaron os tantos.
O equipo branquiverde tamén puido completar o dobrete tras o título ligueiro nos que soamente cederon un empate en toda a competición. Os nosos parabéns a corpo técnico e xogadores.
2ª Galicia Infantil (Pabellón "B" 2-4 ED Ourense "B")
Non estivo nada fino o cadro de Manuel Piñeiro e Daniel Luis, que acabou caendo ante un rival que fixo moito dano en ataque en cada contra que montaba. A primeira parte rematou con vantaxe branquiverde cun espectacular gol de Martiño.
Na reanudación os rivais conseguirían darlle a volta ao partido con dous tantos nun espazo de cinco minutos. Despois todo foron prisas diante dun adversario que defendu o marcador con uñas e dentes e na última xogada do partido Marcos empataba para levar o partido á prórroga.
No tempo extra o ED Ourense estivo máis acertado e anotaría unha diana ao pouco de iniciarse a prórroga que fixo moito dano nos branquiverdes. Xa á desesperada os de Manuel Piñeiro intentaron neutralizar o choque pero foi o rival quen apuntillou cunha cuarta diana e os pabellonistas acabaron con dez pola expulsión de Breogán.
Como dato anecdótico o Pabellón "B" perdeu o primeiro partido da tempada e o último contra o mesmo rival. Os pabellonistas non puideron redondear a tempada co dobrete pero esto non empaña o gran curso que desenvolveron. Parabéns a corpo técnico e xogadores.