A falta de gol condena a un Pabellón moi superior ó Pontevedra.
O Pabellón tivo moitas ocasións para facerse cos 3 puntos, pero a falta de acerto impediulle sumar os tres puntos.
Despois dun inicio igualado, o Pabellón, empuxado polo gran ambiente na bancada, tivo varias ocasións para irse ao descanso con vantaxe, pero nin Justino, nin Pablo nin Tumbeiro foron quen de marcar. O Pontevedra apenas xerou ocasións de gol.
Na segunda parte, o partido seguiu coma mesma tónica. O Pabellón buscaba a portería rival para adiantarse no marcador, pero a falta de acerto e as imprecisións nos metros finais do equipo impediron a vantaxe no marcador.
Finalmente, reparto de puntos que non lle serve de moito a ningún dos dous equipos.
#SerdoPabeMola