El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

Amargo punto do Pabellón CF ante o Tropezón (1-1)

Pabellon C.F
J1-Pabellón-Ural_2
Os de Cándido Gómez traen un punto da visita a Torrelavega que a tenor do visto no terreo de xogo sabe máis ben a pouco.

Tocaba madrugón e viaxe longa ata Torrelavega para enfrontarse ao CD Tropezón nesta primeira xornada da Fase de Permanencia do Grupo 1D da División de Honra Xuvenil.

Empate de sabor agridoce para os das Burgas que fixeron méritos máis ca suficientes para vir cos tres puntos no peto pero non puido ser e regresan con un punto que sirve para seguir segundo con catro sobre o Arenal que marca a zona de descenso.

Saíron mellor e máis intensos e os locáis aos que apremiaba a necesidade de gañar para escalar na táboa e sair do descenso. O Tropezón metía moita agresividade nas suas accións, buscando sempre o choque nas disputas do balón o que se lle sumaba o incoveniente do mal tempo e o forte vento que había no campo o que condicionou o encontro dende o comezo. 

No minuto 14 e tras unha falta lateral o mediocentro do Tropezón, Jaime Vallejo, enviaba o coiro o fondo da rede defendida por Hugo tras un gran remate. A partir de ahí os de Cándido fixéronse co dominio e disputaron de ocasións claras para lograr o empate, José nun man a man ante o porteiro, Parrila ó pao e un par de accións máis de José Ramón pero sin o premio deseado. 

Tras o descanso o Pabellón embutiu no seu campo os locáis que non chegaron a porta branquiverde en toda a segunda parte. José manda outro balón ao pao e Osián avisaba, pero sería Ribao que subiría o empate a 15 minutos para o final tras un espectacular remate de cabeza tras un bo centro lateral de Parrilla. O Pabellón seguía buscando o empate que non chegaría a pesar de gozar de varias ocasións que o porteiro local desbaratou con calidade.

A próxima xornada o Pabellón CF recibe nos Remedios ao TSK Roces o próximo domingo as 12:00 horas

 

Resultados 

 

Jornada 1 (11-04-2021)

REAL OVIEDO    1    1 RACING CLUB FERROL 
REAL AVILES C.F    0    0 C.D. CONXO SANTIAGO 
C.D. ARENAL    2    2 C.D. CHOCO 
TSK ROCES    2    1 C.D. CALASANZ 
C.D. TROPEZON    1    1 PABELLON OURENSE C.F. 

 

 

Clasificación

 

Equipos Partidos
  Pts J G E P
  REAL OVIEDO  23 19 5 8 6
  PABELLON OURENSE C.F.  23 19 7 2 10
  REAL AVILES C.F  22 19 5 7 7
  C.D. CALASANZ  20 19 5 5 9
  C.D. ARENAL  19 19 4 7 8
  C.D. CHOCO  17 19 4 5 10
  TSK ROCES  17 19 4 5 10
  C.D. TROPEZON  15 19 2 9 8
  C.D. CONXO SANTIAGO  14 19 2 8 9
  10  RACING CLUB FERROL  9 19 1 6 12

 

 

Amargo punto do Pabellón CF ante o Tropezón (1-1)