Dobrete copeiro nas fases finais da Peroxa
Os nosos representantes da 1ª Autonómica Alevín e Benxamín impuxéronse nas Copas Deputación que se disputaron no campo de O Marco na Peroxa na mañá do sábado. En ambos casos fixéronse co dobrete despois de ser campións de Liga.
Na categoría alevín os nosos superaban na final (2-0) á UD Ourense cun gol de Adán na primeira metade e outro en propia meta na segunda parte. Nas smifinais os de Jesús Rivera superaran ao CP Calasancio de Monforte (3-0) cos tantos de Unai, Adrián e Yeray.
Pola súa parte, en benxamís os pabellonistas superaban con solvencia á UD Ourense (6-2) con tantos de Pablo (2), Hugo, Mario, Dani e Saúl. Nas semifinais os de Enrique Silva venceron á EDC Xinzo (7-1) con tantos de Guillermo (2), Pablo (2), Anxo, Dani e Mario.
Parabéns a xogadores e corpo técnico de ambos equipos despois do título e Liga e Copa para completar o dobrete nesta tempada.