Derrota clara contra un Deportivo superior
Partido disputado na mañá do domingo entre os equipos do R.C. Deportivo de La Coruña e o Pabellón C.F no campo número 1 da Cidade Deportiva de Abegondo. O resultado final foi de 5 a 0
Un inicio de partido similar ós anteriores, moi inocentes os nosos e con pouco gol e o rival aprobeitando as primeras ocasións que teñen. Un hat-trick do xogador número 9 Pablo Trigo xa foi una lousa, nun primeiro tempo para esquecer.
Outra vez trocos do adestrador no descanso para tentar cambiar a dinámica, cun inicio esperanzador pero co cuarto gol do Deportivo, no minuto 67 do número 3, Alejandro, puxose moi costa arriba. Ainda terían os locáis tempo de facer o quinto gol por medio do número 7, Ignacio.
Pensando xa na próxima xornada na que o rival será o C.D. Covadonga de Asturias. O próximo domingo ás 12:00h. no Miguel Ángel – Os Remedios.
#Serdopabemola