El tiempo
lunes. 04.03.2024
El tiempo

CONVENIO

Club e Asociación de Adestradores Afiador, asinan un Convenio de Colaboración

Este xoves os máximos responsables de Pabellón Club de Fútbol, Francisco Doforno, e da Asociación de Adestradores de Ourense Afiador, Roberto González, asinaron un Convenio de Colaboración entre ambas entidades no cal levaban un tempo traballando na súa elaboración.

O obxectivo principal deste acordo como indica o primeiro punto do documento é "establecer o apoio formativo da Asociación de Adestradores Afiador ao técnicos que pertenzan á disciplina do Pabellón Club de Fútbol".

No Convenio asinado recóllense varios puntos de colaboración mutúa na organización e promoción de diversas actividades de promoción da formación dos adestradores.

A vigencia do Convenio de Colaboración esténdese ata o 31 de decembro deste ano, ampliable de maneira automática de ano en ano se nibngunha das dúas partes se opón por escrito antes da finalización do ano en curso.

Club e Asociación de Adestradores Afiador, asinan un Convenio de...