A próxima fin de semana comezará a disputarse o Torneo Delegación Infantil que contará con catro grupos.
O Pabellón "B" competirá no Grupo "B" e terá como rivais a CD A Purísima, Ourense CF "C", EDC Xinzo "C". O formato da competición é de liga a unha soa volta. Os campións de cada grupo accederán ás semifinais.