viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

O Benxamín EDO "A" proclámase campión de Liga da Primeira Galicia

Benxamín EDO "A"
Benxamín EDO "A"
O equipo dirixido por Óscar Nieto gañou a final da da Primeira Galicia nos penaltis ante o EDC Xinzo logo de empatar a 3 goles.

Nas semifinais disputadas o venres en Oira, o Pabellón EDO "A" derrotou por 4 goles a 1 o Pabellón Ourense CF de Antonio Álvarez e María Caramés. Na outra semifinal o Pabellón Promesas de Abraham Rodríguez  caía derrotado ante o EDC Xinzo por 8 goles a 3.

Tras un disputado partido na final do domingo, que rematou con empate a tres goles, logo de que os da Limia remontaran por dúas veces dous goles de vantaxe do equipo de Óscar Nieto e Moncho Salgado, o Benxamín EDO "A" proclamouse campión de Liga da Primeira Galicia tras derrotar na tanda de penaltis (1-3) o EDC Xinzo.

Parabéns rapaces!!! Forza Pabe!!!

Benxamín Promesas

O Benxamín EDO "A" proclámase campión de Liga da Primeira Galicia