Aprobada a reforma dos Estatutos do club
O pasado sábado 11 de febreiro, en segunda convocatoria ás 12 horas, celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinara convocada polo Presidente do club, nun dos salóns de actos do Liceo Recreo Ourensán e cun único punto na orde do día para someter a aprobación a modificación dos Estatutos do club.
O acto contou coa presenza de 45 Socios en persoa e outros 32 que delegaron o seu voto aos asistentes para un total de 77 votantes. A modificación foi aprobada con 64 votos a favor e 13 en contra.
Despois de abrir o acto o Presidente da entidade, Francisco Doforno, o directivo Francisco Caseiro expuso pormenorizadamente as modificacións que se realizan nos Estatutos para a adaptación do Título II á normativa vixente da Xunta de Galicia nos seus artigos 21 e 22, que servirán para un mellor funcionamento do club.
O Presidente da entidade, Francisco Doforno, e a súa Xunta Directiva queren dar as grazas aos responsables do Liceo Recreo Ourensán polas facilidades dadas para que esta Asemblea Xeral Extraordinaria puidese celebrarse nun dos salóns desta entidade.