miércoles. 15.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 15.07.2020
El tiempo

O PROTOCOLO SANITARIO POLO COVID-19 LIMITA A PRAZAS

Dous turnos nos Campus da Fundación RC Celta-Pabellón CF nos Remedios

O campo Miguel Ángel-Os Remedios acollerá unha nova edición do Campus de verán da Fundación RC Celta coa colaboración do Pabellón CF, que este ano terá dous turnos entre a úlltima semana do mes de xuño e a primeira de xullo.

A actividade con adestradores do RC Celta, destinada a [email protected] de 4 a 16 anos, terá este ano a novidade de de dous turnos. O primeiro será do 29 de xuño ao 3 de xullo e o segundo do 6 ao 10 de xullo. En ambos casos en horario de 10 a 14 horas e o prazo de inscrición xa está aberto. Para cumprir coa normativa sanitaria as prazas son limitadas.

Activaranse todos os protocolos necesarios segundo as indicacións das autoridades sanitarias para garantir a seguridade e benestar dos participantes, nenos e nenas de entre 4 e 16 anos que poderán gozar de xornadas lúdico deportivas en grupos reducidos ao aire libre baseadas nos valores do deporte de equipo, aproveitando desta maneira o tempo de lecer do período estival tras meses de inactividade deportiva.

Os deportistas do Pabellón Club de Fútbol, Pabellón Promesas, Escola de Iniciación e Escola Deportiva Ourense teñen un desconto sobre o prexo ao público en xeral. Para acceder á inscrición (descargar formulario) PINCHA AQUÍ. Para máis información pódese chamar ao teléfono 986213676. Para máis información PINCHA AQUÍ.

Dous turnos nos Campus da Fundación RC Celta-Pabellón CF nos Remedios