SEGUNDA FUTGAL - PLAYOFF

0-1 | O Sénior tropeza no Miguel Ángel

DOMINGO 31/05/2026 (17:30)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (200)

PABELLÓN CF: 0 – COLEGIO HOGAR: 1 (0-0)

O equipo Sénior caeu no partido de ida da primeira eliminatoria do playoff de ascenso a Primeira Futgal cun gol dun inocente penalti avanzada a segunda metade. Nada está perdido e queda o partido de volta en terras viguesas dentro de sete días. Trátase da primeira derrota dos pabellonista despois de trece partidos consecutivos sen perder.

A primeira parte foi insulsa, con moitas imprecicións nuns e outros e cunha soa ocasión de gol. Foi para os branquiverdes ao plantarse Jhonny Nóvoa diante do meta rival, o mellor do seu equipo, e salvar o que puido ser o gol local. Ata o remate deste periodo moito ruido e poucas noces.

Os primeiros vinte minutos do segundo tempo foron moi movidos. Dúas ocasións para Álex Riveiro e no medio de ambas Ricardo e André tiveronas por parte dos vigueses.

O único gol do partido chegaría a falta de dez minutos para o final nun penalti tan inocente como claro que non desaproveitaría Miguel para colocar o que foi definitivo 0-1.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral
Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Nacho, Rober, Pedro, Pede, Aldán (Óscar, m.86), Sergio, Noli, Raúl (David, m.68), Numan (Nico, m.46), Álex Riveiro (Xoel, m.81) e Jhonny Nóvoa (Iker Regueira, m.46).

Colegio Hogar: Nacho, Carballa, Adrián, Tomás, Dopico, Ricardo (David López, m.64), Carlos (Pablo, m.71), André (Miguel, m.71), David Pereira (Raúl, m.86), Brais (Fran, m.64) e Diego. 

Árbitro: Christian Robles González, asistido nas bandas por Rodríguez Grande e Rial Fernández (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Pede (m.34), Rober (m.72) e Nacho (m.79) nos locais.

Goles: 0-1, m.80: Miguel, de penalti.