Clinic Semana Santa Fundación RC Celta-Pabellón CF

Aberta a inscrición do Clinic de Semana Santa da Fundación RC Celta

Un ano máis o campo Miguel Ángel-Os Remedios acollerá unha nova edición do Clinic de Semana Santa que organiza a Fundación RC Celta en colaboración co noso clube e que se celebrará os días 6, 7 e 8 de abril.
noticia-web-CLÍNIC-SEMANA-SANTA-2020

O horario da actividade será de 10 a 14 horas os tres días e contará con técnicos do RC Celta. A inscrición permite apuntarse un, dous ou os tres días programados e no medio de cada xornada hebará un tentempé para cada alumn@.

Os deportistas do Pabellón CF, Pabellón Promesas, Escola Deportiva Ourense e Escola de Iniciación terán desconto en base aos días nos que participe na actividade.

Para iso na FORMULARIO DE INSCRICIÓN no apartado "DESCONTO" os xogadores dos clubs Pabellón e Escola de Iniciación deberán marcar cunha "X" a penúltima casilla e pór o nome do club (como na foto de abaixo) e os da Escola Deportiva Ourense marcar cunha "X" na última casilla (como na foto de abaixo).

DESCONTOS

Unha vez cuberta a FORMULARIO DE INSCRICIÓN (o prazo remata o 31 de marzo) deberá enviarse por correo electrónico xunto co xustificante de pago á dirección: [email protected]

Se necesita máis información pode vela en www.fundacion.rccelta.es ou chamando ao teléfono 986213676.