El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

1-0 | Tres puntos de ouro para o Xuvenil "A"

DOMINGO 07/04/2024 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF : 1 – CD LUGO "B" : 0 (1-0)

Tres puntos de ouro para os branquiverdes diante dun rival directo pola permanencia na Liga Nacional Xuvenil e que chegaba a este partido cunha racha de sete partidos consecutivos sen perder.

O gol de Mauro aos dez minutos de partido acabaría sendo definitivo para sumar os tres puntos nun choque no que os de Iván Alonso estiveron moi ben na primeira metade gozando de varias ocasións, un par delas do goleador da mañá, para chegar ao descanso cunha renda maior no marcador.

Incluso se lles anulou un gol anotado por Peke por un presumible fóra de xogo que os pabellonistas entenderon que non era tal. O Lugo apenas inquietarían a portería de Abraham.

Mauro anotou aos dez minutos o gol que deu a vitoria aos branquiverdes

Na segunda metade os visitantes tiveron máis o balón pero a zaga branquiverde estivo inconmensurable ao longo dos noventa minutos. A única acción de perigo visitante foi nun remate de cabeza por parte de Lucas que se foi moi alto.

Mociño, que entrara dende o banquillo, tivo por dúas veces nas súas botas o segundo tanto local. Na primeira o seu disparo saería lixeiramente alto e no segundo, dentro do área pequena, o balón iríase fóra.

Ao final os tres puntos, moi necesarios, quedaron na casa para que o equipo sume 27 puntos. Na próxima xornada visitan ao Porriño Industrial (30 puntos) no Lourambal.

Os pabellonistas superaron a un rival que levaba sete partidos sen perder

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Santi, Lamús, Unai, Mauro (Ander, m.65), Soriano, Machaca, Álex Riveiro (Iker Sampayo, m.75), Peke (Adrián, m.89) e Samuel (Mociño, m.65).

CD Lugo "B": Jairo, Ferreiros, Varela (Xabier, m.58), Eneko (Castro, m.58), Diego (Alexandre, m.71), Markel (Román, m.84), Lucas, Xavi, Gonzalo, Martín e Mateo.

Árbitro:  Adrián Estévez Blanco, asistido nas bandas por Pintos Fernández e Iglesias Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Machaca (m.39), Soriano (m.89) e Santi (m.90) nos locatarios. O delegado local Juan Medina (m.22) tamén foi amonestado. Nos visitantes viron cartón amarelo Xavi (m.51) e Xabier (m.89)

Goles: 1-0, m.10: Mauro.

Os capitáns de ambos equipos co trio abritral
1-0 | Tres puntos de ouro para o Xuvenil "A"