El tiempo
domingo. 12.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

1-4 | Permanencia matemática do Xuvenil "A"

DOMINGO 28/04/2024 (12:00)  Campo: FRAGOSELO (150)

CORUXO FC : 1 – PABELLÓN CF : 4 (0-2)

Os branquiverdes sumaron unha vitoria decisiva -cuarta consecutiva- xa que lle permite a salvación matemática (36 puntos) a falta de tres xornadas para o final da competición na Liga Nacional Xuvenil.

Coñecedores dos marcadores que lle favoreceron o sábado, os de Iván Alonso e Brais Silva sairon ao campo de Fragoselo dispostos a sumar a vitoria que lle permitira eliminar calquera complicación no treito final do campionato.

Nun partido moi serio os branquiverdes encarrilaron o choque na primeira metade con dous goles de Samuel antes de cumprirse a media hora de xogo e cun intervalo de sete minutos entre ambos. Con ese marcador favorable chegaríase ao descanso e co partido controlado polos ourensáns.

Equipo inicial branquiverde no campo de Fragoselo

Segunda parte

Aos tres minutos de comezar a segunda metade chegaría o terceiro obra de Mauro nunha boa xogada colectiva do equipo. Con esa importante renda de tres goles o Pabellón mantivo a seriedade que desplegou dende o primeiro minuto para seguir controlando o choque.

Incluso incrementou a vantaxe cunha cuarta diana de Samuel, que firmou un hattrick en Fragoselo. O tanto do Coruxo chegaría a falta de cinco minutos do final obra de Pablo e sen máis consecuencias.

O Pabellón afrontará con absoluta tranquilidade as tres últimas xornadas cunha saída a Valladares na próxima fin de semana, para posteriormente recibir ao Boiro no Miguel Ángel-Os Remedios e pechar a Liga na Coruña co Ural Español.

Alegría no vestiario despois de sumar unha vitoria tan determinante

FICHA TÉCNICA

Coruxo FC "B": Efrén (Mateo, m.46), Lago (Enzo,m.67), Fabián, Mauro, Noe, Samuel, Mario (Guillermo, m.58), Diego, Gabriel, Óscar (Pablo, m.58) e Ramón.

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Bugallo, Lamús, Tiago, Machaca, Soriano, Álex Riveiro, Peke (Pablo, m.84), Mauro (Moure,m.71) e Samuel (Mociño, m.80).

Árbitro:  Rubén Extremadura Hernández, asistido nas bandas por Alonso Alonso e Cáceres Muñiz (Comité Galego-Vigo). 

Goles: 0-1, m.20: Samuel. 0-2, m.27: Samuel. 0-3, m.48: Mauro. 0-4, m.78: Samuel. 1-4, m.85: Pablo.

1-4 | Permanencia matemática do Xuvenil "A"