El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

1-1 | Insuficiente empate do Senior

DOMINGO 14/04/2024 (17:00)  Campo: O CORGO (100)

SOUTOPENEDO CF : 1 – PABELLÓN CF : 1 (0-1)

Un gol do conxunto local a falta de dous minutos para o final privou da vitoria aos branquiverdes, que tiñana a obrigatoriedade de gañar para manter as opcións de permanencia no Grupo 2º da Segunda Galicia.

Os de Toño Sanmartín cobraran vantaxe nos últimos instantes da primeira metade cun penalti transformado por Iago. Nesta ocasión si acertaron dende os once metros despois de errar dúas penas máximas nos partidos de Trives e Vilar de Barrio.

Con este resultado os pabellonistas quedan a cinco puntos da zona de permanencia cando restan catro xornadas para o remate da competición.

A racha negativa dos últimos cinco partidos nos que soamente sumaron dous puntos, está a pasar factura ao equipo, que se deixou nove puntos ante rivais que xa estaban descendido. Neses enfrontamentos a falta de gol pese a gozar de oportunidades foi letal.

O próximo domingo o Pabellón recibe no campo Miguel Ángel-Os Remedios ao Antela "B".

FICHA TÉCNICA

Soutopenedo CF: Brais, Xoel (Rubén, m.46), Raúl (Marcos, m.46), Iván Carril, Martínez (Yahia, m.46), Iván Cuiñas (Aday, m.46), Diego, Manuel, Briz, Duarte e Sebastián.

Pabellón CF: Anxo (Nacho, m.38), José, Rober (Iván, m65), Miguel Ángel, Iago, Aldán, Sergio, Cacha (Madrigal, m.79), Diego, Guzmán (Iago Nieto, m.79) e Dani (Sandro, m.79).

Árbitro: Hugo Añel Fernández (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Iván Carril (m.42), Brais (m.42), Yahia (m.72) e Aday (m.73) nos locais e a Anxo (m.50), Guzmán (m.79) e José (m.82) nos visitantes, nos que tamén viu cartón amarelo o adestrador Toño Sanmartín (m.77).

Goles: 0-1, m.42: Iago, de penalti. 1-1, m.88: Briz.

 

1-1 | Insuficiente empate do Senior