El tiempo
viernes. 03.05.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

2-1 | Vitoria do Senior, que segue vivo

DOMINGO 21/04/2024 (17:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 2 – ANTELA CF "B" : 1 (1-1)

Mentres hai vida hai esperanza e os branquiverdes sumaron os tres puntos (38) para manter as esperanzas de salvación no Grupo 2º da Segunda Galicia e acabaron cunha racha de cinco partidos consecutivos sen gañar.

Matemáticamente, a falta de tres xornadas para o final da competición, os de Toño Sanmartín seguen vivos, a catro puntos do noveno posto que ocupa o Antela "B", e nunha tarde calurosa tiveron que remontar un marcador adverso.

Os visitantes adiantaríanse no marcador cun tanto de Antón (19´) e o debutante Pibe equilibraría o choque na recta finala da primeira metade (38´), chegándose ao descanso con empate a un tanto.

Os branquiverdes cortaron unha racha de cinco partidos sen gañar

Na segunda metade un gol en propia meta (69´) dos limiaos permitiría darlle vantaxe aos pabellonistas. A partir de ahí os visitantes buscaron afanosamente o empate e Nacho evitaríao cunha boa parada nun disparo de Antón.

Os branquiverdes tiveron dúas oportunidades para ampliar a vantaxe en sendas accións de Pibe e o xuvenil David, pero non fructrificaron.

Nos últimos instantes a zaga local tivo moito traballo co fútbol directo do rival e tras unha longa prolongación os puntos quedaron na casa. Na vindeira xornada o Pabellón visita ao A Purísima.

A Purísima, Raio Alaricano e Atlético Vilariño, rivais nas tres últimas xornadas

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Nacho, Rober (Iago Nieto, m.81), Luis, Iago, Miguel Ángel, José (Aldán, m.46), Sergio, Diego (Salgado, m.74), Iván (David, m.57), Dani (Cacha, m.46) e Pibe. 

Antela CF "B": Andrés, Cristian, Álvaro (Carlos, m.61), Carrasco, Xurxo, Javier, David, Felipe (Lamas, m.60), Adrián (Raúl, m.60), Borja e Antón.

Árbitro: Rubén Pérez Martínez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Sergio (m.46) e Iago (m.89) nos visitantes e a Raúl (m.90) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.19: Antón. 1-1, m.38: Pibe. 2-1, m.69: Borja, en propia meta.

 

2-1 | Vitoria do Senior, que segue vivo