El tiempo
lunes. 20.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

1-2 | Inoportuno revés do Xuvenil "A"

DOMINGO 18/02/2024 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 1 – AJ LÉREZ : 2 (1-1)

Derrota inoportuna dos branquiverdes na Liga Nacional Xuvenil no seu feudo diante dun rival que o superaba en dous puntos e que co triunfo tamén se leva o coeficiente particular.

A primeira metade despachouse con empate a un tanto despois de que Samuel adiantase aos branquiverdes cun gol con suspense que concedu o asistente ao interpretar que o disparo do dianteiro, despois de petar no traveseiro, traspasara a liña de gol no bote. 

No treito final deste periodo, no que Rubén Machaca tivo que retirarse lesionado (35`), os pontevedreses conseguiron empatar por medio de Daniel despois de que Saúl avisase con anterioridade cun balón ao pao. Foi nunha fase na que o Lérez estaba máis asentado no campo e chegando con perigo.

O capitán local Rubén Machaca retirouse lesionado mediado o primeiro tempo

Na segunda metade as cousas coplicaríanse para os pabellonistas ao encaixar un gol en propia meta. O dificultoso despexe de Bugallo saiu en volea hacia a súa porteira e Abraham nada puido facer.

Foi un duro golpe para os branquiverdes, que puxeron moito corazón e gozaron dun par de accións de perigo sen máis, Tamén as tivo o rival, que puido sentenciar pero marcador non se movería máis finalizando o choque co 1-2.

Con este resultado adverso o Pabellón ocupa a decimocuarta posición na táboa clasificatoria con 20 puntos despois de acumular seis partidos sen gañar e na próxima xornada visitan ao Racing de Ferrol. 

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Bugallo (Tiago, m.72), Unai, Simón, Mauro, Machaca (Ander, m.35), Soriano, Miguel (Bruno, m.72), Peke (Adrián, m.66) e Mauro (Álex Riveiro, m.66).

AJ Lérez: Saúl, Lucas (Goitia, m.80), Carlos, Pablo Álvarez, André, Daniel, Saúl (Alejandro, m.76), Aarón, Pablo Pérez, Rubén (Rodrigo, m.66) e Neira.

Árbitro: Manuel Casanova Cudeiro, asistido nas bandas por Daniel Cabano e Iago Borrajo (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Miguel (m.30) nos locais e nos visitantes a Alejandro (m.83). Tamén expulsou con cartón vermello directo ao adestrador visitante Serafín Neira (m.45)

 Goles: 1-0, m.13: Saúl. 1-1, m.40: Daniel. 1-2, m.50: Bugallo, en propia meta.

 

 

1-2 | Inoportuno revés do Xuvenil "A"