O Pabellón Promesas afrontará este sábado (17 horas) no campo Miguel Ángel-Os Remedios, o partido de ida da primeira eliminatoria -son dúas- da Fase de Aascenso a División de Honra Infantil na que terá como rival ao Atlético Coruña Montañeros.
Os de Quique Serantes, cun planten íntegro de primeiro ano, accederon a esta promoción despois de ocupar o cuarto posto no Grupo Sur xa que o Celta "B", que foi segundo, non a pode disputar. A escuadra verde volve a disputar por segunda tempada consecutiva este asalto á División de Honra.
Ao final da competición os pabellonistas sumaron 58 puntos como consecuencia de dezasete vitorias, sete empates e seis derrotas. Anotaron un total de 93 goles e encaixaron 57.
Mentres, o Atlético Coruña Montañeros foi segundo no Grupo Norte con 72 puntos derivados de vintedúas vitorias, seis igualadas e tan só dúas derrotas. Marcaron 72 goles e recibiron soamente 19, sendo o equipo do grupo que menos encaixou.
A outra eliminatoria desta promoción enfrenta a Viveiro CF e ACD A Seca, co primeiro partido en terras lucenses. O gañador deste rolda medirase ao vencedor da que disputan ourensáns e coruñeses por unha praza de ascenso.