DOMINGO 12/05/2024 (18:00) Campo: O MEDO (150)
ATLÉTICO VILARIÑO : 1 – PABELLÓN CF : 3 (0-2)
Non puido ser. A vitoria dos branquiverdes non foi suficiente para que o equipo alcanzara a novena praza do Grupo 2º da Segunda Galicia, xa que o Raio Alaricano, rival directo por esa posición para manter a categoría, tamén facía o mesmo (2-1) no seu campo contra o Viana.
Con este desenlance final o equipo cae á Terceira Galicia afectado polo masivo descenso de equipos nos dous grupos -quince-, para deixar a Segunda Galicia cun só grupo a partir da próxima tempada.
En canto ao partido os de Toño Sanmartín encarrilaron a confrontación con dous goles na primeira metade anotados por Aldán e Álex Riveiro.
Mauro ampliaba a vantaxe co terceiro a pouco de comezar a segunda parte e os locatarios recortarían distancias nos últimos instantes co tanto de José Ramón, cando o Raio Alaricano xa gañaba ao Viana para sumar 47 puntos por 45 dos pabellonistas.
FICHA TÉCNICA
Atlético Vilariño: Adrián, Yago (Pedro, m.46), Mejuto (Brian, m.46), Joshua, Juan José, Martín, Jorge, Quique, Sergio, Anxo (José Ramón, m.46) e Gonzalo (Toubes, m.62).
Pabellón CF: Nacho, Rober (José, m.68), Luis, Miguel Ángel, Iago, Aldán, Sergio, Diego, Mauro (Soriano, m.75), Álex Riveiro (Cacha, m.75) e Pibe (Dani, m.83).
Árbitro: Pablo Cid Menor (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Yago (m.6), Mejuto (m.32), Jorge (m.60), Juan José (m.82) e José Ramón (m.85) nos locais e a Diego (m.44), Sergio (m.57) m3 Nacho (m.86) nos visitantes.
Goles: 0-1, m.18: Aldán. 0-2, m.45+2: Álex Riveiro. 0-3, m.55: Mauro. 1-3, m.81: José Ramón.