Previa | Última xornada para o Xuvenil "A"
Ural Español CF – Pabellón CF (A Grela 1; domingo 19, 16:00 horas):
Coruñeses e ourensáns disputarán a última cita ligueira no Grupo 1º da Liga Nacional Xuvenil e tamén será o choque que peche a xornada ao disputarse nun horario inhabitual como a tarde do domingo.
O único que está en xogo son os tres puntos xa que a escuadra herculina quedou sen opcións de loitar pola segunda praza de ascenso -suma seis partidos sen gañar- ao caer a semana pasada no campo do Pontevedra e os branquiverdes sellaron fai tres xornadas a permanencia matemática na categoría.
Iván Alonso e Brais Silva teñen as baixas de Manu Cougil, Samuel e Santi Granja. Son dúbidas Abraham, Unai e Adrián e posiblemente algún deles non viaxe ata terras coruñesas. Volven á convocatoria Tiago e Ander tras xogar con segundo equipo xuvenil a pasada fin de semana.
A nivel de resultados como local o Ural Español leva sumados 24 puntos derivados de seis triunfos, seis empates e cinco derrotas. Anotaron 25 goles e recibiron 31. Na primeira volta houbo empate 0-0 no Miguel Ángel-Os Remedios.
O colexiado do encontro será Alexandre Represas Rodríguez, asistido nas bandas por García Novo e Hajjout Ibrahim, do Colexio de A Coruña.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 34.