Convenio l Visita e reunión na nova sede do RC Celta
Directivos do club mantiveron foron recibidos este martes por representantes da entidade celeste
Actualizado: 03 de abril de 2018 (02:00 h.)
Directivos do club mantiveron foron recibidos este martes por representantes da entidade celeste
Directivos do club foron recibidos este martes pola mañá no nova e espectacular sede do RC Celta en pleno centro da cidade olívica. Ademáis de coñecer o que dende o 17 de marzo é a nova "casa celeste" o encontro, tamén serviu para tratar diferentes temas deportivos dentro do Convenio que manteñen ambas entidades e que suma xa catro tempadas.
Nesa xuntanza estiveron presentes Germán Arteta, Xerente da Fundación RC Celta; Diego Sarabia, da Área Deportiva da entidade celeste; e o Pabellón CF estivo representado polo seu Presidente, Juan Francisco López "Juanín" e Manuel Dopazo, Secretario do club.
Dentro desa visita os dirixentes pabellonistas tiveron a oportunidade de intercambiar impresións con Carlos Mouriño, Presidentede do RC Celta.