El tiempo
viernes. 26.04.2024
El tiempo

Remontada do Xuvenil "A" para seguir líder

Os de Cándido Gómez remontaron dous goles en contra ao Conxo e acabaron sumando a sexta vitoria consecutiva

Os de Cándido Gómez remontaron dous goles en contra ao Conxo e acabaron sumando a sexta vitoria consecutiva

O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil sumou os tres puntos no campo de A Merced para acumular a sexta vitoria consecutiva que o mantén como líder da categoría.

Os nosos tiveron que remontar dous goles do Conxo encaixados antes da metade do primeiro tempo. En oito minutos o equipo foi capaz de darlle a volta ao partido cos tantos de Osián, Alberte e Miguel para marcharse ao descanso mandando no marcador (2-3).

Na segunda metade o equipo mantivo a boa liña que lle levaría á remontada antes do descanso, para certificar o triunfo con dous tantos más por medio de Osián e Miguel sen conceder opcións ao cadro santiagués. Despois de sete xornadas o equipo ocupa a primeira praza da categoría. Ver clasificación. O sábado reciben nos Remedios ao recén ascendido Valladares.

Remontada do Xuvenil "A" para seguir líder