El tiempo
martes. 23.04.2024
El tiempo

LN Xuvenil / Triunfo vital na Coruña

O Xuvenil A superou na Grela (1-2) ao Victoria e situose a un punto dos herculinos, que ocupan praza de ascenso

O Xuvenil A superou na Grela (1-2) ao Victoria e situose a un punto dos herculinos, que ocupan praza de ascenso

O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil sumou tres puntos moi importantes no campo de A Grela ao superar (1-2) ao Victoria, un rival que ocupa mestes momentos a segunda praza de ascenso. Os de Cándido Gómez situáronse a un puntos dos herculinos a falta dunha xornada para o final da primeira volta. Ver clasificación.

Un gol de Miguel adiantou aos nosos no marcador poco despois da media hora de xogo, chegándose ao descanso con esa vantaxe mínima. No inicio do segundo tempor os locatarios establecerían a igualada, entrando o partido nunha fase moi intensa con ocasións para uns e outros, ata que Jorge puxo o 1-2 a doce minutos do final nos que os pabellonistas mantiveron intacta a súa portería chegándose ao final con ese resultado favorable. Ver ficha técnica.

Este venres (19 horas) o equipo recibe ao Deportivo "B" nos Remedios no que será a última xornada da primeira volta e tamén do 2018.

LN Xuvenil / Triunfo vital na Coruña