¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
icono-movil
Teléfonos de Contacto
900 80 92 42

LN Xuvenil / Deron a cara contra un bo rival

LN Xuvenil / Deron a cara contra un bo rival
02/12/2018
admin

O Xuvenil "A" caeu no campo dos Remedios contra o Celta "B" (1-2) nun intenso partido

Derrota do Pabellón da Liga Nacional Xuvenil nunha confrontación na que os de Cándido Gómez maniataron ben ao Celta "B", que tivo maior posesión de balón. O primeiro tempo despachouse sen goles (0-0) nunha fase na que os celestes dominaron máis pero con certos problemas para dobregar a un cadro local moi organizado no campo. Nos primeiros instantes levaron moito perigo pola banda do internacional Miguel, que posteriormente foi freado por un Eiró que estivo a gran altura.

Na reanudación as primeiras ocasións foron para os de pabellonistas, primeiro nas botas de Abraham que non puido cruzar un disparo ante o meta rival e logo unha galopada de Alberte que foi derrubado por un defensor vigués coa conseguinte expulsión cando o de Vilalba se dispoñía a encarar a porteria contraria.

Pese á inferioridade numérica os visitantes tomarían vantaxe no marcador no ecuadro da segunda parte por medio dun penalti que chegaría precedido dun fallido despexe. A partir de ahí o choque estivo máis aberto pero foron os vigueses quenes incrementaría a vantaxe colocando o 0-2 nunha contra.

Nos últimos instantes o Pabellón acortaría distancias por medio de Osián e no tempo que restaba intentou buscar o empate pero o marcador non se movería máis. Ver ficha técnica. Con este resultado os de Cándido Gómez ocupan a cuarta praza a dous puntos da zona de ascenso. Ver clasificación.

Esta semana temos dobre xornada. O xoves festivo o equipo viaxa a Vilagarcía para medirse ao Arousa (12.30 horas) e o domingo reciben ao Choco nos Remedios (12 horas).

Post Relacionados

Comentarios

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario