El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

Fútbol 8 Prebenxamín / 26º Torneo Nadal Aceites Abril

O torneo tamén se suma á Operación Quilo e solicita a colaboración de deportistas e afeccionados

O torneo tamén se suma á Operación Quilo e solicita a colaboración de deportistas e afeccionados

O venres 4 de xaneiro o campo Miguel Ángel-Os Remedios acollerá o XXVI Torneo Nadal Prebenxamín-Aceites Abril coa presenza de 12 equipos de distintos puntos da nosa provincia. O evento terá unha primeira fase de liga entre os tres equipos que integran os catro grupos, para pasara unha segunda fase por eliminatorias ata decidir o campión.

O torneo tamén quere colaborar coa Operación Quilo que organiza a Asoaciación Xuvenil Amencer, polo que a organización solicita a colaboración de deportistas participantes e público en xeral. Habilitaránse caixas especifícas nas gradas para que aqueles que o desexen depositen nelas os seus alimentos non perecedeiros.

Para ver as normas, grupos e horarios PINCHA AQUÍ

Fútbol 8 Prebenxamín / 26º Torneo Nadal Aceites Abril