El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fútbol 11 / Todos estiveron a gran nivel

Excelente xornada para os nosos equipos con soamente dúas derrotas en oito partidos

Excelente xornada para os nosos equipos con soamente dúas derrotas en oito partidos

O Pabellón "B" da Liga Galega Xuvenil venceu con solvencia (6-1) ao A Seca nos Remedios nunha cita que ao descanso xa tiña moi encarrilada (3-0). Pese a que os pontevedreses acortarían distancias no inicio da segund metade, a resposta dos de Anxo Valcárcela foi contundente con tres tantos máis. Destacar que o equipo é o segundo máximo realizador do grupo e ocupa a novena posición. Coello (2), José Ramón, Corral, Joel e José foron os goleadores na mañá do domingo.

Tamén estivo moi acertado en ataque o Pabellón "C" da 1ª Autonómica Xuvenil no Play Off ao desfacerse con claridade (5-0) do Allariz nos Remedios. Ao final da primeira metade as cousas xa estaban moi claras (3-0). Mateo (2), Luis, Joel e Iago foron os goleadores. O equipo suma duás vitorias noutras tantas xornadas e ocupa a primeira posición.

Empate (1-1) do Pabellón da División de Honra Cadete na Coruña contra o Victoria. Os dous goles do partidos chegarían nos primeiros quince minutos. Primeiro foron os coruñeses os qe tomarían vantaxe para empatar dous minutos máis tarde Anxo. Os de Guillermo García son cuartos na táboa. 

O Pabellón "B" da Liga Galega Cadete segue a boa racha despois de vencer (2-0) nos Remedios ao Marcón Atlético. Os de Miguel Alonso acumulan seis xornadas sen perder nas que sumaron dezaséis de dezaoito puntos posibles que o catapultaron ata a sétima praza. Mauro, na primeira parte, e Aitor, na segunda, foron os goleadores.

No Torneo Ourense Base Cadete o Pabellón Promesas sumaba os tres puntos no Campus na súa visita ao A Purísima (3-6). Ata os últimos dez minutos os de Enrique Silva tiveron un partido plácido pero os locatarios abrirían o choque situando un 3-4 a dez do final. Sen embargo, os branquiverdes frearían ao rival con dúas dianas máis. Christian (3), Xoel, Falú e Álex Blanco anotaron os tantos para un equipo que suma dous triunfos noutras tantas xornadas.

Vitoria do Pabellón da Liga Galega Infantil en Vilagarcía (1-5) nun partido no que se esperaba bastante máis igualado co Arousa. Ao descanso os nosos xa mandaban no marcador (1-3) e na segunda metade ampliarían distancias con dous novos tantos. Amills (4) e Joel Vázquez foron os goleadores. Nesta mesma categoría o Pabellón Promesas caía pola mínima (0-1) nos Remedios diante do Salgueiriños.

Finalmente, o Pabellón "B" dentro do Play Off da 1ª Autonómica Infantil caía (2-0) no Monte da Aira contra o Velle nunha cita moi igualada. Os locatarios adiantaríanse traspasada a media hora da primeira metade e na segunda os de Rubén García tiveron o empate nos últimos instantes cando dous xogadores non atinaron a rematar un balón que habia traspasado a posición do meta loca. Na contra desa acción chegaría o segundo dos anfitrios.

Fútbol 11 / Todos estiveron a gran nivel