¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
icono-movil
Teléfonos de Contacto
900 80 92 42

Escola de Iniciación / Horarios e grupos

Escola de Iniciación / Horarios e grupos
26/09/2018
admin

A actividade comezará a primeira semana do mes de outubro nos Remedios e na cancha da Policía Nacional

Para ver os horarios e grupos do curso 2018-2019 da Escola de Iniciación PINCHE AQUÍ.

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • A actividade comezará a partir do 1 de outubro o primeiro día da semana asignado a cada alumno, presentándose cinco minutos antes da hora na cancha adxudicada coa roupa oficial da Escola. A primeira semana no é obritario o seu uso.
  • Á hora da finalización da actividade os familiares ou responsables de cada deportista deberán recollelo no mesmo lugar onde o deixaron.
  • Lembre que para acceder á instalación o alumno debe ter en vigor o carnet de aboado do Consello Municipal de Deportes. A xestión do mesmo faise na oficina do Pavillón de Os Remedios que está na entrada.
  • Dous equipos de nenos nados no ano 2012 ten asignado os luns a cancha da Policía Nacional nas Lagoas, que será onde se xogarán os partidos unha vez iniciada a competición de fútbol sala.
  • Todos os nenos nados no ano 2012 deben aportar de forma urxente ao monitor, fotocopia do D.N.I. e fotografía tamaño carnet para a preparación da licenza federativa para xogar os partidos.
  • Para calquera consulta pode contactar connosco na oficina do club no campo de fútbol de Os Remedios en horarios de 18.15 a 20.30 horas de luns a venres ou chamando nese mesmo horario ao teléfono 900809242 (Gratuito).


Post Relacionados

Comentarios

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario