Liga Galega Infantil-Fase Permanencia

Superou de penalti ao Rápido de Bouzas (1-0)

A ED Ourense da Liga Galega Infantil gañou un partido que lle costou sacar adiante contra o Rápido de Bouzas no campo dos Salesianos (1-0).

P1990830

Pese a que os vigueses chegaban descendidos de forma matemática, os de Quique Serantes tiveron que esperar aos minutos finais para marcar, de penalti, o gol que acabaría dándolle a vitoria neste choque da Fase de Permanencia. Justino foi o encargado de anotar a pena máxima. Ver fciha técnica.

O equipo sumou a segunda vitoria consecutiva nos dous enfrontamentos que tivo como locatario e mantén unha distancia máis que prudente -dez puntos- sobre a peleadísima zona de descenso cando restan seis xornadas para a finalizaciòn da competición. Ver clasificación.