sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

FÚTBOL XUVENIL

O Xuvenil "A" volve á División de Honra

XA
XA

O Xuvenil "A" branquiverde militará a próxima tempada na División de Honra según se desprende do comunicado que emitiu a RFEF este mércores co acordo adoptado pola Comisión de Presidentes Territoriais referente á proposta de resolución das competicións de ámbito estatal non profesionais da actual tempada.

Falta que o acordo sexa ratificado pola Comisión Delegada e a Xunta Directiva do máximo órgano federativo a nivel nacional.

Tres anos despois da última participación na División de Honra (2016-2017), o Pabellón CF volverá á máxima categoría do fútbol xuvenil estatal. O equipo que dirixía Cándido Gómez ocupaba a primera das dúas prazas de ascenso cando as competición foron suspendidas con motivo da crise orixinada polo COVID-19.

Restaban dez xornadas para o final da competición e os branquiverdes acumulaban unha excelente racha de catorce xornadas consecutivas sen perder e o equipo levaban invicto toda a segunda volta. Ver clasificación. Tiña dous puntos de vantaxe sobre o segundo equipo que dará o salto de categoría, o CD Choco, e cinco máis e o coeficiente particular sobre o terceiro en discordia, o CD Areosa.

É curiosa a situación de redondeláns e vigueses, separados por dous puntos na táboa. A fin de semana que foi suspendida a competición ambos equipos deberían enfrentarse no campo de Santa Mariña. Unha vitoria dos visitantes puido cambiar de forma determinante a situación actual.

Volvendo ao noso, o acordo da Comisión de Presidentes Territoriais da RFEF -no apartado de xuvenís- indica que a competición da próxima tempada "haberá 7 grupos de 20 a 22 equipos divididos en subgrupos". Falta por saber cal será o criterio federativo para o reparto deses subgrupos.

No referente a nº 1 no que debería estar o Pabellón CF serán 20 os equipos participantes, os 16 que o fixeron nesta campaña 2019-2020 (Ver clasificación) máis os catro ascendidos: Pabellón CF e CD Choco (por Galicia), CD Arenal (Asturias) e CD Tropezón (Cantabria).

O RC Celta, á UEFA Youth League
O equipo celeste será o representante nacional na UEFA Youth League da próxima temporada ao ser o primeiro dos sete grupos da División de Honra co mellor coeficiente. O RC Celta acompañará aos equipos dos que os seus conxuntos de 1ª División obteñan praza para a Champions League.

O Xuvenil "A" volve á División de Honra