El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Foi superior ao Racing Villalbés nos Remedios

P2020956
Vitoria incontestable do Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil (6-0) nun partido co Racing Villalbés que resolvería pola vía rápida con tres goles antes da media hora de xogo. Janfry (2), Caseiro (2), Yago Ribao e Osián anotaron os tantos.

Non tivo problemas o equipo de Cándido Gómez para sumar tres novos puntos nunha cita que se presumía moito máis igualada pese ás diferenzas clasificatorias entre ambos conxuntos. O Pabellón resolvería o choque na primeira metade. No minuto vinte e tres xa tiñan unha renda de tres goles que lle daría moita tranquilidade no resto do partido.

Se na primeira metade os lucenses estaban prácticamente entregados despois de encaixar tres goles, o cuarto tanto local aos cinco minutos supuxo o toque final e a medida que pasaron minutos os branquiverdes incrementarían distancias con dúas novas dianas máis. Mencionar o debut no último cuarto de hora do porteiro cadete Bruno. Ficha técnica.

Logo deste triunfo claro o equipo segue metido na loita polas dúas prazas de ascenso. Ver clasificación. Na seguinte xornada visitan ao Porriño Industrial no Lourambal, que nesta deu a sorpresa gaando no campo do Pontevedra.

Foi superior ao Racing Villalbés nos Remedios