Derradeira xornada da primeira fase da liga de División de Honra Xuvenil na que o Pabellón CF recibe nos Remedios este domingo 21 de marzo dende as 12:00 horas á ED Val Miñor.
O Pabellón CF regresa a competición tras un mini parón de 15 días, para a disputa da derradeira xornada de esta primeira fase da liga de División de Honra. Os locáis buscarán darlle unha alegría os seus siareiros, a capacidade será de 125 localidades, derrotando á ED Val miñor que chega o campo Miguel Ángel - Os Remedios coa terceira praza no peto.
O equipo de Cándido Gómez, que só será a Baixas de Anxo, deberá gañar se quere conservar a sexta praza que ocupa ágora con 19 puntos, dous máis ca o CD Calasanz e tres máis ca o CD Choco. Conxo de Santiago de Racing de Ferrol cerran a táboa. Por arriba Dépor e Celta xogaránse a primera praza ante Ural e Conxo, respectivamente.
Reserva de entradas
Con motivo da disputa da décimo oitava xornada da División de Honra Xuvenil, entre Pabellón C.F. e E.D. Val Miñor que se disputará o próximo domingo 21 de marzo ás 12:00 horas nos Remedios, o club habilita para os seus socios un formulario (PICANDO AQUÍ) para que soliciten a entrada para acceder ao recinto deportivo. Soamente poderán optar os socios coa cota aboada da tempada 2020-2021.
Xornada 18 (21-03-2021)
URAL ESPAÑOL C.F. | 12:00 | R.C. DEPORTIVO S.A.D. |
C.D. LUGO | 12:00 | RACING CLUB FERROL |
C.D. CALASANZ | 12:00 | C.D. CHOCO |
C.D. CONXO SANTIAGO | 12:00 | R.C.CELTA S.A.D. |
PABELLON OURENSE C.F. | 12:00 |
E.D. VAL MIÑOR NIGRÁN |
POS Equipos | Partidos | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pts | PJ | PG | PE | PP | |||||
1 | R.C. DEPORTIVO S.A.D. | 42 | 17 | 13 | 3 | 1 | |||
2 | R.C.CELTA S.A.D. | 40 | 17 | 13 | 1 | 3 | |||
3 | E.D. VAL MIÑOR NIGRÁN | 30 | 17 | 8 | 6 | 3 | |||
4 | C.D. LUGO | 26 | 17 | 8 | 2 | 7 | |||
5 | URAL ESPAÑOL C.F. | 25 | 17 | 7 | 4 | 6 | |||
6 | PABELLON OURENSE C.F. | 19 | 17 | 6 | 1 | 10 | |||
7 | C.D. CALASANZ | 17 | 17 | 4 | 5 | 8 | |||
8 | C.D. CHOCO | 16 | 17 | 4 | 4 | 9 | |||
9 | C.D. CONXO SANTIAGO | 13 | 17 | 2 | 7 | 8 | |||
10 | RACING CLUB FERROL | 8 | 17 | 1 | 5 | 11 |