viernes. 05.03.2021 |
El tiempo
viernes. 05.03.2021
El tiempo

O Xuvenil A recibe ao Choco a porta pechada

J5-PabellónCF-CDCalasanz_11
J5-PabellónCF-CDCalasanz_11
O equipo que adestra Cándido Gómez recibe este domingo as 12:00 do mediodía no Campo de Fútbol Miguel Ángel - Os Remedios ao CD Choco na que será a 13ª xornada da liga de División de Honra Xuvenil.

O Pabellón CF regresa tras un parón obrigado de 10 días por un positivo na plantilla que obrigou os barquiverdes a suspender o partido ante o CD Lugo na anterior xornada, ademáis de ser xa adiado o encontró ante o RC Celta por coronavirus no equipo olívico.

Así a todo, o equipo recupera tras lesión a Civile e Marcos, pero Aaron e Anxo serán baixa segura no equipo das Burgas para recibir no Miguel Ángel - Os Remedios a un sempre correoso CD Choco, como xa demostrou na primera volta no campo de Santa Mariña en Redondela en dónde se impuxeron aos ourensáns polo mínima,  anda que na segunda metade se fixo méritos para traer polo menos un empate.

Os redondeláns son sétimos con 12 puntos, un menos ca os nosos e que son quintos, primeiro posto que da dereito a xogar os playoff.

 

CLASIFICACIÓN

 

Resto da xornada

Jornada 13 (31-01-2021)

PABELLON OURENSE C.F.         C.D. CHOCO 
R.C.CELTA S.A.D.         RACING CLUB FERROL 
E.D. VAL MIÑOR NIGRÁN         R.C. DEPORTIVO S.A.D. 
C.D. CONXO SANTIAGO         URAL ESPAÑOL C.F. 
C.D. CALASANZ         C.D. LUGO

 

 

O Xuvenil A recibe ao Choco a porta pechada