Os tres goles chegaron nun gran primero tempo
Os de Cándido Gómez fixeron unha excelente primeira parte imprimindo moita intensidade e desplegando un bo xogo que lle permitiu situarse apenas transcurrida a media hora de xogo co 3-0 que sería defintivo coas dianas de Bryan, Osián e José Ramón, de penalti. Nestes primeiros corenta e cinco minutos O Val viuse totalmente desbordado polo cadro local e o meta Sampayo foi un mero espectador.
No segundo tempo os pabellonistas mantiveron o control do partido dsifrutando de varias ocasións para haber incrementado as diferenzas no marcador pero faltou puntería na resolución. O equipo de Narón apenas levaría perigo á meta ourensán e un disparo ao traveseiro foi a única ocasión prácticamente nos noventa minutos. Ao final, clara e xusta vitoria branquiverde. Ver ficha técnica.
Despois deste triunfo o Pabellón é cuarto na táboa con 31 puntos ocupando a segunda praza de ascenso. Ver clasificación, Na próxima xornada, penúltima da primeira volta, o equipo visita ao CD Choco.