Os nosos sumaron unha nova derrota contra o Avilés por 2-0, pero nesta ocasión ofreceron unha boa imaxe e un bo partido.
Ós dez minutos do inicio do encontro, os nosos encaixaban o primeiro gol. Un disparo dende fora da área que se foi envenenado ao tocar con varios xogadores ata colarse na portería de Hugo.
O equipo repúxose ao tanto encaixado e seguiu loitando. Nunha das tantas ocasións que tiveron para igualar o partido, lograron marcar un gol, pero foi anulado pese as protestas do equipo de Peluso.
O segundo tanto do equipo local chegou a saída dun córner que non logramos defender.
O marcador xa non se movería máis.
Toca seguir traballando na mesma liña para alcanzar os obxetivos.
Moito ánimo para os rapaces e o corpo técnico.
#SerdoPabeMola