LIGA NACIONAL XUVENIL
O Xuvenil A comezou a traballar
O Xuvenil A da Liga Nacional Xuvenil comezou a traballar este luns no campo Miguel Ángel para preparara unha campaña máis a participación na Liga Nacional.
Rubén García fai a estrea como adestrador do conxunto branquiverde dando o salto dende o Cadete da División de Honra. Antonio Dacosta será o seu colaborador nesta campaña ao igual que nas anteriores e Roberto Abad segue como preparador físico.
O planing do equipo contempla un total de cinco partidos de preparación diante de Barbadás, Atlético Arnoia, Antela, Nogueira e Velle. O primeiro deles será o próximo sábado no campo de Os Carrís ante a escuadra local.