El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O Xuvenil A cedeu o empate no desconto en inferioridade numérica por unha lesión

O derbi xuvenil da Liga Nacional que se disputou no campo de Albán en Coles deixou un reparto de puntos. Os branquiverdes afrontaban a segunda cita consecutiva a domicilio despois de clara derrota en Abegondo. 

Un gol de Carlos pasado os dez minutos de xogo deulle vantaxe no marcador nunha primeira metade con maior control dos de David Carnero ata o último cuarto de hora no que os vermellos estiveron máis activos creando varias ocasións de gol nas que o meta Bruno evitou o empate nun par de boas intervencións.

Segundo tempo

A segunda metade desenvolveuse baixo a igualdade aínda que con maior posesión de balón da UD Ourense pero sen chegadas claras. A oportunidade máis clara tivoa Amills pero o meta local Edgar evitou o segundo tanto visitante.

Os minutos foron avanzando sen moitas novidades ata que a dez para o final os pabellonistas querdon con dez pola lesión de Amills e con todos os trocos feitos. Os locatarios aproveitarían esa inferioridade para igualar o choque por medio de Amanuel no desconto sen tempo para máis,

Despois deste resultado o Pabellón sae dos postos de ascenso, a dous puntos, e na próxima xornada recibirá nos Remedios a un Porriño Industrial que protagonizou a sorpresa da xornada ao gañar (2-1) ao Deportivo B no Lourambal.

 

FICHA TÉCNICA

UD Ourense (1): Edgar, Izan, Carlos, Álex (Viso, m.64), Gabriel, Diego (Isay, m.83), Héctor (Otero, m.74), Raúl, Iker, José Manuel e Amanuel.

Pabellón CF (1): Bruno, Iago Outeiriño (Saúl, m.57), Dámaso, Juan Pablo, Manu (Langa, m.46), Carlos (Aarón, m.77), Esteban, Mauro (Unai, m.57), Fernando (Amills, m.57), Sergio e Justino.

Árbitro: Pérez Quintas, asistido nas bandas por Rodicio González e Rodríguez Fernández (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Raúl (m.57) e Izan (m.90) nos locatarios e a Manu (m.23) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.12: Carlos. 1-1, m.90+3: Amanuel

Incidencias: Partido da xornada trece da Liga Nacional Xuvenil. Campo de Albán en Coles.

O Xuvenil A cedeu o empate no desconto en inferioridade numérica...