viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O CD Lugo "B" marcou ao principio e ao final

Derrota do Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil no campo de A Cheda contra un CD Lugo "B" que marcou ao principio e ao final dun partido con tres expulsións, dous nos locais e un nos pabellonistas (2-0).

Non puido sumar o conxunto branquiverde en terras lucenses ao caer a mans do CD Lugo "B" nunha cita na que os locatarios tomarían vantaxe aos sete minutos dun primeiro tempo malo dos nosos. Na segunda parte o equipo intentouno e pero os minutos pasaban sen que houbese novidades no marcador. O toma e daca no campo deixou un primeiro expulsado nos lucenses con vinte e un minutos por diante nos que os pabellonistas non sacaron rentabilidade.

No tramo final ante a incertidume do marcador co CD Lugo defendendo a renda mínima e os nosos tratando de rescatar, polo menos, un punto caería expulsado Marco por dobre cartón amarelo. Pouco despois chegaría o segundo do cadro local sen tempo para máis aínda que sufriron outra expulsión no desconto para quedar con nove. Ver ficha técnica.

Despois deste revés, segundo consecutivo, o equipo ocupa a oitava praza con 17 puntos. Ver clasificación. Na próxima xornada reciben ao CVC Valadares nos Remedios o sábado (16 horas).

O CD Lugo "B" marcou ao principio e ao final