El tiempo
miércoles. 18.09.2024
El tiempo

TORNEO FÚTBOL BASE

O Xuvenil "A" disputa a Oviedo Cup

O Xuvenil "A" da Liga Nacional viaxará ata terras asturianas para disputar esta fin de semana a Oviedo Cup-Copa Principado de Asturias.

A competición está configurada con dous grupos de tres equipos cada un e no que os branquiverdes terán como rivais no seu a Real Oviedo e Alcázar CF de Langreo.

Mentres, Juventud Estadio de Oviedo, CD Villa de Pravia e Puente Castro CF de León comparten o Grupo B. VER HORARIOS. Os partidos teñen unha duración de dous tempos de 25 minutos.

Este torneo chega a unha semana do inicio de competición na que os de Iván Alonso e Brais Silva debutarán, ao igual que a pasada campaña, cun derbi capitalino contra a UD Ourense a domicilio.

O Xuvenil "A" disputa a Oviedo Cup